Valcarce

Submitted by admin on Thu, 03/07/2024 - 22:58

Se miramos ao listado de toponimia vemos como hai unha palabra máis frecuente nel que é claramente un semantización latina, una explicación da palabra en función do contexto actual, nese listado Valcarce é Varcalcel, é dicir parece que di é o val do cárcere, pero en castelán. Coma Catabois, na entrada anterior, parece dicir algo dos bois, en vez dos de arriba.

Valcarc
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
O Prado de Valcarce PEDRAFITA DO CEBREIRO Veiga de Forcas (Santa María)
A Aira de Valcarcel SAMOS Zoó (Santiago)
A Cortiña de Valcarcel SAMOS Zoó (Santiago)
As Campas de Valcarcel SAMOS Zoó (Santiago)
O Prado de Valcarcel TRIACASTELA Cancelo (San Cristovo)
O Valcarcel VALADOURO (O) Ferreira (Santa María)

Agora ben, se imos á wikipedia galega e preguntamos por palabras con Valcarc vemos un valcarceles na Estrada pero todo o demais son Valcarce coma

 

Miniatura para "A Veiga de Valcarce"

e un cento de nomes de homes e mulleres de apelido Valcarce coma

Miniatura para "Moncho Valcarce"

Así que non vén do latín Val carce, val estreito, senón de Bal carr ce Camiño de monte no que poden pasar os carros, que pasan os carros.

De feito, isto segue a ser así, a N-VI e a Autopista pasan de Galicia a León atravesando o único paso factible e lóxico, neses montes, arredor do río Valcarce, porque agora como hai miles de anos, é o único paso de carros, coches e camións que non ten subidas e baixadas espectaculares.

É certo que tamén é estreito, como todo camiño formado por un río, pero que un camiño sexa estreito non informa de nada a ninguén. E non é un val. Pero, que poidas ir de Lugo ou Coruña a Castela usando un carro é un coñecemento necesario, salientable, e digno de nomear.

Se queres entender o baile que se trouxeron, historicamente,  o camiño milenario, a Nacional VI, A  autopista A-6 e o río Valcarce, demostrando que isto que conto é así, so tes que miralo en google maps.