Ferrol

Submitted by admin on Fri, 06/15/2018 - 20:10

Este pdf que pode atoparse na rede é moi interesante: Ferrol y su topónimo a lo largo de la historia de JUAN J. BURGOA*
Sumario
Se hace un recorrido sobre las diferentes teorías e hipótesis acerca de la procedencia del nombre de Ferrol, estudiando las aportaciones de más de cincuenta estudiosos del tema. Finalmente se analizan los documentos en los que, a lo largo de la historia, aparece el topónimo de Ferrol.

É interesante porque é un traballo de investigación moi extenso. É interesante porque como moitos outros traballos e libros presentan moitísimas diferentes e contradictorias teorías sobre a orixe ou etimoloxía dunha mesma palabra. Poderían titularse, percorrido por todas as teorías elaboradas por "autoridades "sobre a palabra x na historia. Se volvemos a ler "Galileo e Aristóteles" vemos que na Ciencia o que interesa non é ter cen teorías elaboradas por Autoridades senón unha teoría elaborada por quen sexa con tal que sexa demostrable.

O concepto de demostración tamén varía segundo a cultura. Se estamos nunha cultura latina, se o único que coñecemos é o latín todas as autoridades coincidirán unanimemente en que a maioría das orixes das palabras serán latinas, reconfirmandose entre si. O que non se coñece non existe.

Cando fun a Maynood en Irlanda a explicar "Os labirintos galegos" nun congreso, xunto con membros do IGEC, coñecimos a un empregado español (catalán) do DIA, do principal centro de aprendizaxe e estudo do celta no mundo. As preguntas "tontas" son porque non hai unha cátedra de celta en Galicia? Porque non é posible estudar celta en Galicia? Porque Irlanda ten un lector de celta en Madrid e non en Galicia? Porque os profesores do DIA españois non son galegos? Porque non creamos xa unha Academia de Estudo e Recreación do Celta Galego? The answer my friend is blowing in the wind...

Mentres, eu xa escribín a primeira frase do Celta Galego en 2000 anos, DIA BAS o nome dunha obra que presento en Estocolmo en xullo deste ano en Bridges, un congreso e exposición de arte e matemáticas. Se a queredes ver está aquí, nesta web.

Ou ben na Galería de Bridges.