Eira

Submitted by admin on Wed, 05/01/2024 - 15:53

DI a RAG eira substantivo feminino Sitio chan próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc. Antes de mallar hai que varrer a eira. SINÓNIMO aira

Se eu lembro a aira ou eira dos meus avós maternos o que vexo non é unha malla (que se facía noutro lugar aberto un so día ao ano), senón un corral pechado e amplo onde se gardaban galiñas e polos ou poliños.

Pois así, para min, a eira está asociada aos poliños. Vexamos en celta:

A palabra máis próxima a eira en gaélico é eireog, f. (gs. -oige, npl. ~a, gpl. ~).1. Pullet, chicken. 2. Young girl; tiny woman. (Var:éireog1)

Así que Poliño, polo. 2. Moza nova; muller pequena.

Noutro momento revisaremos varias palabras para ver como no celta as palabras medran co tempo e diversificanse en significado, partindo dunha raíz orixinal. Aquí a raíz orixinal é a galega eir ou eira que en gaélico convértese en eireog e en galego convértese no lugar onde temos os polos ou poliños.

Outro segundo exemplo, vista a entrada de Eirís ou Eirí (levantarse) sería

éiritheacht, f. (gs. ~a).1. Tendency to rise. 2. Embossment. 3. Rebelliousness, insurgency. 4. Prosperousness.  que expresa varias variantes de subir ou levantarse: Tendencia a subir. 2. Repuxado. 3. Rebeldía, insurxencia. 4. Prosperidade.