De como saber que significa cor en celta galego abre a porta e é a chave a miles de palabras celtas galegas que comezan por cor (precisamente corazón non, claro)
Primeiro estudaremos que din os libros sobre cor. Miremos neste pdf nas redes
Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga. Manuel Lorenzo Baleirón
Presentación
“Se pergameo fose o ceo estrelado e o mar todo tinta ” Preciosa esta hipérbole extraordinaria que hai centos e centos de anos o Rei
Afonso X nos deixou nunha cantiga de Santa María ...
"Corrugus, no latín hispánico é o canal de auga empregado para lavar as areas auríferas, que describe Plinio, procedente da base céltica CORR, ‘pozo’. Nas Medulas usouse o sistema da ruina montium. Os canais ou corrugi recollían a auga de ríos e regatos que se almacenaba en grandes alxibes. Baixaba a enxurrada polas galerías abertas na montaña ata os canais de lavado onde se buscaba o ouro.
Corgo ademais foi ‘estanque para curtir o liño’ e ‘camiño de carro’. Estudouno Menéndez Pidal na Toponimia románica hispánica . Córrego en Sarmiento é ‘pantano’, ‘lameiro’, e en portugués, ‘camiño apertado entre Corrugus, no latín hispánico é o canal de auga empregado para lavar as areas auríferas, que describe Plinio, procedente da base céltica CORR, ‘pozo’. Nas Medulas usouse o sistema da ruina montium. Os canais ou corrugi recollían a auga de ríos e regatos que se almacenaba en grandes alxibes. Baixaba a enxurrada polas galerías abertas na montaña ata os canais de lavado onde se buscaba o ouro.
Corgo ademais foi ‘estanque para curtir o liño’ e ‘camiño de carro’. Estudouno Menéndez Pidal na Toponimia románica hispánica . Córrego en Sarmiento é ‘pantano’, ‘lameiro’, e en portugués, ‘camiño apertado entre augas correntes’. “Cal a lúa primeira na corga perdida ” é verso de Eusebio Lorenzo.
Cornecheira. Cornide
Cornechas son as vaíñas das nentellas, que é o nome que nós lle damos ás fabas. As Cornecheiras de Teaio poderían ter que ver con elas ou con alguna das acepcións que comentaremos agora. A respecto de Cornide, son leiras de Imo para alá do Alto de Ribada, pero hoxe, despois do lifting da concentración parcelaria sobre a pel dos nosos campos, non sabemos como eran os terreos, que poderían lembrar simplemente a forma dun corno (cornu) ou prominencia. A fotografía aérea dos anos cincuenta tampouco nos axuda. Eligio Rivas (Lingua galega, niveis primitivos) fala dunha alternancia da raíz KAR, ‘rocha’, que xa comentamos:KARN/KORN, e explica que topónimos formados a partir dela coma Cornide, Corno ou Cornecho teñen o significado de 'esquina, corrucho ou cabo dun obxecto'. A idea partiu do lingüista francés Albert Dauzat que fai derivar Cornualles e a estación megalítica de Carnac desas voces preceltas. Podería ser esa a explicación dos nosos nomes. Sarmiento interprétaos como orixinados desde especies vexetais do xénero Cornus pero a Guía das plantas con flores de Galicia de Xosé Ramón García non o inclúe na flora galega e o Padre Merino cita un único exemplar de Cornus en Montefurado. Isidoro Millán González Pardo insiste en que Cornide e outras voces próximas non son fitotopónimos, senón celtismos, de KOR, ‘círculo’ e NETOS, ‘deus da guerra’. Autores coma Piel apuntaron a posible xénese oronímica destes topónimos. O cornecho, corno ou caruncho é un fungo que lle ataca ó centeo (Claviceps purpurea), unha excrecencia negra que lembra os cornos das vacas. A partir dela sintetizouse en 1943 o ácido lisérxico ou LSD, que provoca intensas alucinacións. Foi unha das drogas máis usadas pola xeración beat, pero xa antes, nos anos corenta, os nosos veciños levábano a vender a Padrón para ser utilizado como anestésico e calmante."
Dese texto destaco "raíz KAR, ‘rocha’, que xa comentamos:KARN/KORN, e explica que topónimos formados a partir dela coma Cornide, Corno ou Cornecho teñen o significado de 'esquina, corrucho ou cabo dun obxecto'. A idea partiu do lingüista francés Albert Dauzat que fai derivar Cornualles e a estación megalítica de Carnac desas voces preceltas."
Un lingüísta francés descoñecido convértese na gran autoridade para dicir que cor é rocha, como repiten centos de libros de toponimia galegos. Non hai que ser gran lingüista, nin francés, para saber que Cornualles significa novo xiro aquí, de feito os barcos que pasaban por Cornualles tiñan que dar a volta, xirar, para subir, ben a Gales, ben a Irlanda. Para baixar desde Irlanda e ir a Inglaterra, igual, pero con distinto xiro, claro. O curioso do asunto é que a tradución é do celta galego. É posible que en galés, irlandés ou córnico se dixese doutro xeito. Como conclusión se cor é rocha é imposible entender nada na toponimia galega. É o maior atranco para esclarecer a toponimia galega.
- Log in to post comments