As tres preguntas de Sócrates aplicadas á toponimia galega

Submitted by admin on Wed, 12/25/2024 - 14:22

En que consisten as tres preguntas filtros de Sócrates?

Conta a historia que un dos discípulos de Sócrates díxolle ao filósofo que se atopou cunha persoa que falara mal del e tiña que contarllo.

Sócrates pediulle que se acougase. Que antes de escoitar o que tiña para contarlle, a mensaxe debía pasar por tres filtros. Se non os superaba, non sería digno de atención.

Primeiro filtro: a verdade, «Estás absolutamente seguro de que o que vas dicirme é verdade ?» O discípulo pensou un momento. En realidade, non podía estar seguro de se o que escoitara era verdade. Todo era cuestión de perspectivas. «Entón, non sabes se todo é certo ou non», dixo o filósofo. O discípulo tivo que admitir que non.

Segundo filtro: a bondade , «O que vas dicirme é bo ou non?» O discípulo contestou que, por suposto, non era nada bo. O que tiña que contarlle eran palabras que, ao seu xuízo, causaríanlle malestar e aflición.

Terceiro filtro: a utilidade,  «Vai servir de algo o que tes que dicirme?» O discípulo dubidou. En realidade, non sabía se esa información seríalle de utilidade ou non.

Só válido para un cotilleo? Todo isto tamén resulta válido para outro tipo de mensaxes: os que recibimos a través dos medios de comunicación e as redes sociais. E podemos preguntarnos que se moitas explicacións sobre a toponimia galega, incluída a miña, pasan os tres filtros de Sócrates.

Que teriamos que retraducir por 1) A persoa que os explica pensa que o que di é certo? Ou ben simplemente alucina, o que na IA dise alucinar, dá a primeira solución que cre posible e a bote pronto. Que cre posible dentro duns parámetros cos que traballa, por exemplo, supoñer que todos os topónimos de Galicia son latinos, ou que os galegos aprendimos a falar cando viñeron os romanos.

Segundo filtro o que contas do topónimo refricte que os galegos que o inventaron eran sumamente parvos, estúpidos e sen criterio? Incluso, eran franquistas? Con Franco, xa se sabe, algúns dos pobos chamábanse del Caudillo, coma El Ferrol del Caudillo. Era así no século V e VI e os pobos pequenos poñían nomes do seu Caudillo particular, do seu  Gundemaro, Witirico, Marico, Gomarico e miles de caudillos máis, etc.

Poñían nomes chuscos e de coña coma Escorial?

Terceiro filtro: A utilidade do topónimo, os usuarios dos topónimos sérvelles, sirvelles de utilidade ou é simplemente un divertimento gracioso, literario, para ridiculizarse a sí mesmos (por exemplo do romano que bautiza o río Eo coma Ego, Eu, segundo a Galipedia), sen sentido ou finalidade prática algunha. Xa teñen Google Maps de man, así que para que poden querer saber que no río Eo teñen salmóns, no Ulla teñen mazás, en Xubín teñen uvas e na Guía podían orar?

E un cuarto filtro que non dixo Sócrates: contas as probas directas e indirectas de que tal nome ten tal significado ou simplemento eludes calquera tipo de comprobación porque coa túa sabedoría xa é suficiente para estar seguro, simplemente, porque eres moi listo.