Moura explica a RAG que é mouro, moura adxectivo1 De cor escura. Unha persoa moura. SINÓNIMO moreno2Sucio Onde fuches, que moi mouro vés? Traíache a camisa ben moura e de traballar non fora.3 Nativo do norte de África. Os habitantes de Marrocos son mouros. Tamén substantivo Moitos mouros emigraron a Europa.4 Que profesa a relixión musulmá. Unha comunidade moura. Tamén substantivo Os mouros viviron en España desde o século VIII ata o século XV. CONFRÓNTESE árabe, musulmán, sarraceno
É dicir, mora en castelán. Noutro mundo, paralelo a ese, que no ten nada que ver cos latinistas do ILGA e da RAG, pero sí cos galeguistas auténticos, temos a entrada moura na wikipedia castelá Moura (Mitología) onde explícase o significado mitolóxico galego de moura, pero que non é compatible cos seminaristas desas institucións galegas? simplemente porque é unha lenda mitolóxica celta e galega.
A Wikipedia galega vai aínda máis alá cun intento razoado de explicar Moura do celta, chegando a explicar varias hipóteses " terá a súa orixe en tempos prerromanos. As mouras encantadas presentan varias características presentes na Banshee das lendas Irlandesas. Tamén na mitoloxía Vasca, os Mairu (mouros) son os xigantes que construíran os dolmens e os crómlechs. Na Sardeña podemos encontrar os domus das Xanas (casa das fadas). ". Pode ser celta o mesmo que letón, vasco ou sardo... moi confuso.
Así que cómpre fixar a orixe de moura no celta, aínda máis, no protocelta:
*mora 'female demon' [Noun]
GOlD: Mlr. mor-rigain [1t] 'female demon'
PIE: *morehz 'female demon' (IEW: 736)
COGN: OHG mara, Russ. mora, Croat. Morana 'a mythological figure, female demon'
SEE: *marwo- 'dead'
ETYM: Presumably an abstract noun derived from the root *mer- 'to die' (cf. PCelt. *marwo- 'dead'). Ver marbán
Acompañado da confusión, tamén, galego-castelán moura-mora. Se dicimos mora parece un castelanismo, mellor dicimos moura...
A clave aquí é que a definición de mora protocéltica, demo feminina, é a mesma ca definición galega.
- Log in to post comments