Sheela na Gig

Submitted by admin on Wed, 01/31/2018 - 13:07
tomate

Non vou dicir que a xente en Galicia use a frase Sheela na Gig. Non, hai que ir a novacarta.eu para saber o que é esa frase e ver (de momento) 2 exemplos en igrexas galegas. Non sabemos se as chamaban así, pero facían o que centos de igrexas de toda Europa, sobre todo nos países celtas, representalas. O noso patrimonio cultural celta tamén é escultórico.

Agradécese que enviedes fotos ou noticias de máis Sheela na Gig nas igrexas ou lugares galegos. Aínda que temos sitios de catalogación de patrimonio galego que nin saben que tal cousa existe.