Xa sabemos que significa corte e de paso sabemos moitos topónimos máis que empezan por corte, como Cortegada cuxo significado é lugar quente que ten algo máis que explicar en "gada". Sabemos que a preocupación principal dos celtas galegos é determinar que lugares da xeografía son quentes, habitables, ou non. E iso o que refrexa "Corte".
De paso vimos un exemplo de determinación da calidade do resultado dunha tradución do celta antiguo ou romano ao galego dunha palabra ou topónimo galego.
A función de erro, aquí, se falamos en modo matemático é a diferenza de valor de sentido común e acaemento ao contexto xeográfico e cultural da palabra traducida como se fose celta ou traducida con sentido romano, latino.
FE(x)=VSCACelta(x)-VSCALatino(x)
Se esa función é próxima a cero a palabra non está determinada, non podemos dicir se é celta ou latina. Se é positiva ou moi positiva probablemente sexa celta e se é negativa ou, mellor, moi negativa, probablemente sexa latina sen dúbidas.
Neste caso FE(x) debería ter un valor de 10, ten sentido en celta menos un cero de valor ou sentido latino.
En resumo, non só importan as regras de dedución do latín ao galego (de celta ao galego, non sei se vos fixástedes que son valores exactos, non hai transformación ningunha) que si importan, senón se o que cremos que significa ten sentido e se adapta ao contexto cultural e xeográfico.
- Log in to post comments