Unha preciosa casa en Roibás nos sorprende cunhas especiais ventás a ras de solo. A pregunta é: tiñan esas ventás pequenas e estreitiñas para, como nos castelos, defenderse con arcos e frechas dos posibles inimigos? En caso de que non fose esa a resposta, para que querían utilizar ese tipo de ventás? terán algunha relación co nome de corte e o seu significado de lugar quente, pero ventilado?
Por certo, ese lugar significa dar morte, en celta, claro. Nada que ver co carácter pacífico, amable e paseante de todos os seus habitantes. Hoxe estaban todos polas estradas e corredoiras paseando. Poido dar fe.
- Log in to post comments