Por un lado topónimo
- Cortiña, lugar da parroquia de Pías, no concello de Lugo;
- A Cortiña, lugar da parroquia de Berredo, no concello da Bola.
O topónimo galego Cortiñas pode referirse a:
- Cortiñas, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Cambados;
- Cortiñas, lugar da parroquia de San Miguel de Barcala, no concello da Estrada;
- Cortiñas, lugar da parroquia de Herbón, no concello de Padrón;
- Cortiñas, lugar da parroquia de Forcas, no concello de Parada de Sil;
- Cortiñas, lugar da parroquia de Barán, no concello de Paradela;
- Cortiñas, lugar da parroquia de Prexigueiró, no concello do Pereiro de Aguiar;
- Cortiñas, lugar da parroquia de Veiga, no concello da Pobra do Brollón;
- Cortiñas, lugar da parroquia de Biville, no concello de Sarria;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de Carracedo, no concello de Caldas de Reis;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de Castrelo de Miño, no concello de Castrelo de Miño;
- As Cortiñas, lugar da parroquia da Guía, no concello de Gomesende;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de San Sal;ador do Mao, no concello do Incio;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de Saiáns, no concello de Moraña;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober;
- As Cortiñas, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño;
- As Cortiñas, lugar da parroquia de Cea, no concello de Vilagarcía de Arousa;
- Cortiñas de Abaixo, lugar da parroquia de Corvillón, no concello de Cambados;
E por outro o dicionario da Real Academia Galega di que é
cortiña substantivo feminino Terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ao cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. A cortiña dálle bos repolos. SINÓNIMO chousa CONFRÓNTESE eido, eirado, eixido
É preocupante que a wikipedia galega non teña esa definición. Cantas definicións non ten?
Ben, imos a deconstruír do celta cortiña: xa sabemos que que cor é lugar, xa sabemos que ti é casa e ña é unha construción fonética de na, (en galego da). Xa temos, algo desordenado, o significado, cortiña é o lugar da casa, o lugar arredor da casa, o significado celta é cuspidiño ao significado da Real Academia Galega.
Podemos, agora, resumir: moitísimos millóns de galegos e galegas en toda a historia falaban en celta ao mencionar cortiña, ao dicir corte, ao dicir corga,...
- Log in to post comments