Está totalmente asentado na bibliografía e na crenza popular que Gondomar é de orixe xermánica, dun señor Gundemaro que posuía ali terras, ou algo así. Seguindo a lei, xa moi recorrida nesta web, de como pindirico vén de Píndaro. Ata a páxina do concello de Gondomar o conta
https://concellodegondomar.gal/es/13-historia di que
"A orixe de Gondomar estaría relacionada coa presenza dun asentamento xermánico ao mando dun xefe chamado Gundemaro. "
Pero Gondo non é Gunde, similar, pero nada que ver. Nin maro é mar. Ídem.
Ademais resulta que en Galicia temos Gondos a esgalla e ningún Gunde... Temos Abegondo, Mabegondo e Bergondo, por exemplo. O que significan estes nomes dos concellos galegos con Gondo a verdade é que me levou un ano deducilo. Non está claro como chegar a saber que significan Abegondo, Mabegondo, Bergondo, e Gondomar en celta galego. A verdade que a solución dista moito da fachenda de ser xermánico e fala das mulleres galegas, posiblemente embarazadas. Neste momento de decaemento da poboación galega vennos moi ben lembrar que os nosos antergos celebraban co nome do lugar o próximo nacemento dun fillo. Celebraban á muller que ía ter un fillo.
Agora teño que darlle o pésame a Méndez Ferrín que esta temporada repetiu nos seus artigos da Opinión de Coruña, moi interesantes, sen dúbida, que Gondomar é xermánico. Ademais doutras localidades que eu non creo que teñan nada que ver co xermánico. É verdade, e eu non o dubido, que 30.000 soldados suevos entraron en Galicia, León, Asturias e norte de Portugal dominando a Gallaecia durante cento e pico de anos. O primeiro reino europeo. De acordo, e a expléndida exposición de Ourense contóunolo. Outro dos records dos galegos.
En contra desta idea, está a idea que contarei noutra páxina, de que as invasións nun lugar moi poboado case non deixan trazas (en contra do que nos ensinaron en Historia, viñan os godos e desaparecían os celtíberos previos..., viñan os árabes e xa non quedaban cristiáns en Al-Ándalus...). É posible que as trazas culturais deixadas sexan máis profundas e incluso a identificación, a Suevia, o querer ser xermánico, a fachenda de selo, sexa moi importante. As trazas étnicas, moi pequenas.
Quero contar, sen embargo, que o artigo de Méndez Ferrín en La opinión descubrindo como Menéndez Pidal retorce a Historia para descubrir que somos español, español, español.... desde o paleolítico resultoume moi interesante. Eu penso que, probablemente, estas pequenas perlas da orixe celta da toponimia galega non están contadas e deducidas hai cen anos xa pola influenza de Menéndez Pidal e o seu intento de facer unha España centralizada, na que as persoas da periferia non teñen historia propia, nin ata 2 linguas propias, no caso dos galegos, nin son relevantes na Historia de España porque o único relevante son os Reis Católicos e o Imperio, centrado en Madrid, claro.
En fin, en vez de ver a diversidade como unha riqueza, tratóusenos de ensinar que a riqueza é a uniformidade.
Vexamos cantos gondo rexistrados hai, ademais dos citados, demostrando que Gondo, así, tal cal, sen Gunde ningún, está na nosa cultura
TOPONIMO | TIPOLOXIA | CONCELLO |
---|---|---|
A Chousa de Gondollín | Terreo mixto | MELIDE |
Centro Social de Gondollín | Edificio público (colexio, hospital…) | MELIDE |
Cruceiro de Gondollín | Cruceiro / Cruz / Peto de ánimas | MELIDE |
Gondollín | Aldea | MELIDE |
Igrexa de Gondollín | Edificios relixioso (igrexa, capela, ermida...) | MELIDE |
O Agro de Gondollín | Terreo mixto | MELIDE |
O Monte de Gondollín | Monte / Outeiro | MELIDE |
Gondomil | Aldea | PONTECESO |
Muíño de Gondomil | Muíño / Batán / Folón | PONTECESO |
Pista de Gondomil á Ermida | Pista | PONTECESO |
Gondomar | Labradío | ROIS |
Igrexa de Beigondo | Edificios relixioso (igrexa, capela, ermida...) | SANTISO |
Ponte Beigondo | Bosque autóctono (carballeiras, soutos) | SANTISO |
Gondomar | Cultivo | PALAS DE REI |
Gondomal | Cultivo | MUÍÑOS |
Gondomar | Ladeira / Costa | QUINTELA DE LEIRADO |
Gondomil | Labradío | CATOIRA |
Viñas de Gondomar | Viñedo / Froiteiras | CATOIRA |
A Lovada de Gondomar | Canle artificial | GONDOMAR |
Pazo de Gondomar | Pazo / Casa Grande | GONDOMAR |
NOME CONCELLO | NOME PARROQUIA | NOME LUGAR |
---|---|---|
MELIDE | Gondollín (San Martiño) | Gondollín |
NOIA | Argalo (Santa María) | Bergondo |
PONTECESO | Corme Aldea (Santo Adrán) | Gondomil |
ANTAS DE ULLA | Olveda (Santa María) | Gondoriz |
ESTRADA, A | San Xiao de Vea (San Xiao) | Gondomar de Abaixo |
ESTRADA, A | San Xiao de Vea (San Xiao) | Gondomar de Arriba |
GONDOMAR | Gondomar (San Bieito) | Gondomar |
LALÍN | Vilatuxe (San Lourenzo) | Gondoriz Grande |
LALÍN | Vilatuxe (San Lourenzo) | Gondoriz Pequeno |
VILA DE CRUCES | Oirós (Santa María) | Gondorón |
- Log in to post comments