Este Concello ten un nome de Propaganda. Como Láncara, Braga ou Pantín. Se o traducimos tendo en conta isto poñeriamos se vés aquí, estarás ben quente. Outro concello máis de nome celta nunha zona, nun triángulo climático e céltico moi destacado. Non perderon moitos dos nomes celtas tradicionais... que perviven ao longo de miles de anos. Sinalemos o verbo Be (Estar) e o te de quente que quizais teñan un pouco de rivalidade inserida. En Guitiriz hai peor tempo... E en Lugo tamén. Vese ao pasar pola estrada que hai néboa -ou chove- en Guitiriz e en Lugo e non en Begonte. Para ser unha afirmación científica, habería que rexistar e comparar os datos climáticos durante varios anos. Pero eu intúo que é así, que ten mellor clima Begonte que os veciños.
- Log in to post comments