Dise moito en castelán e moito menos en galego, claro. Que é estar en Babia? Os reis de León e Galicia tiñan moito de cazadores -recolectores e lles gustaba moito ir de caza. Así que cando un súbdito ou cortesán preguntaba por eles, a resposta habitual era "Está en Babia". Que é o que pasaba en Babia? que había boa caza e os reis ían alí a cazar. Babia non está en Galicia senón na fronteira Asturias- León, pero realmente non moi lonxe da Galicia actual.
E que ten que ver con Celtia? Pois, moitos xa o adivináchedes, "Eran alimentos", unha frase que requeriría dunha tradución mellor, unha frase seguramente truncada, pero totalmente descritiva: os cazadores recolectores de hai moitos miles de anos xá ian a Babia a buscar boa caza, e polo tanto, bos alimentos. Exactamente como os reis de León e Galicia, coa diferenza que estes últimos ían por deporte e aínda abandoaban os seus deberes por isto.
Pero o momento en que cambian o papel de ser os alimentos imprescindibles a vivir no neolitico e ter máis fontes de alimentos -incluída a gandeiría- pode ser a orixe do nome. Antes eran alimentos imprescindibles, pode ser a tradución non literal de Babia e unha máis indirecta aínda sería Aquí hai caza, que en tempos eran alimentos imprescindibles. No nome avisan do que un se pode atopar nese lugar.
- Log in to post comments