Un día destes quero visitar o Pazo de Merille en Ourol (Lugo). Un dos dos labores principais que me estou propoñendo e realizar unha descrición visual, hiperenlazada, descritiva e xeolocalizada do patrimonio cultural galego en novacarta.eu. A verdade que é unha labor xigantesca e sen axuda non o darei feito, (o mesmo que celtia.org e o 10^6 de palabras celtas galegas). Terei que deixar algo para as seguintes xeracións...
Para chegar ao millón de palabras galegas podemos dar regras como sempre que vexas un lle é unha palabra celta galega... ou sempre que vexas un me é unha palabra celta galega ou sempre que vexas un ri é unha palabra celta galega, sen dúbida.
Neste caso Merille ten as tres características citadas así que é unha superpalabra celta galega con significado incerto, ben dun pasado en ego eu son o rei de aquí ou ben un significado máis "beatus ille" como este lugar é o meu reino.
O topónimo galego Merille pode referirse a:
- Merille, parroquia do concello de Ourol;
- Merille, lugar da parroquia de Santa Mariña de Lesa, no concello de Coirós.
- Log in to post comments