Guntín

Submitted by admin on Thu, 07/05/2018 - 10:46

Xa pasou o tempo suficiente para que resolvamos un dos enigmas propostos: Gun tín é puro inglés, puro celta e puro galego. Arma de estaño, arma metálica, sería a tradución. En irlandés actual, stain gunna ou gunna miotail. En inglés actual gun tradúcese por pistola, pero no seu tempo non había pistolas e si armas así que temos que desprazar o significado a arma e non a pistola. Noutros casos que veremos temos que facer a mesma aposta.

Diciamos no seu momento que estabamos a falar dunha ferrería de armas de metal. O nome dá propaganda (de novo) do que podes obter nese lugar. Sabías que se ías a un Guntín poderías mercar armas metálicas ou amañalas. Porque a un? curiosamente hai moitos, non só o mais coñecido, o concello de Lugo, senón moitos máis:

Poñeremos aquí os moitos lugares que di a wikipedia galega proximamente porque neste momento está en folga pola votación do parlamento europeo que pode danar a liberdade de información. Esperaremos o menos á mañán...

Mentres,  lembramos que as armas para un cazador-recolector eran fundamentais, para defenderse e cazar, e en tempos incertos, tamén. Para o exército, para... o elevado número de Guntíns que pasaron a criba do tempo e do latín en Galicia dá idea da necesidade dunha industria fundamental na idade de ferro e do bronce. E mesmo na idade media na que os ferreiros  seguirían existindo- algúns co mesmo nome celta-.

Como este mesmo día xa se gañou a votación do parlamento europeo, a wikipedia volve a funcionar. Xa podems poñer os Guntín que rexistra, que seguro que serán máis, moitos máis...

O topónimo galego Guntín pode facer referencia a:

Véxase tamén

Outros artigos

  • Disambig.svgGundín
  • Xa sabedes algúns dos sitios a onde podiades ir mercar armas na idade do ferro. Por certo que o nome Guntín suxire que as primeiras armas eran de estaño. O meu pai estañaba moitas cousas metálicas así que, para min, é dificil crer en armas de estaño polo brando que é o estaño. Tiña que ter moitas impurezas que o endurecesen ou ben están chamando estaño -tin- ao bronce. En calquera caso os nomes de Guntín ben poderían ter 4000 anos, e manterse invariables no tempo. Ese é un punto de vista non desenvolto ata o momento pero interesante de pensar:  en que momento aproximado naceu cada palabra da toponimia galega? Como se desenvolve a lingua celta galega dun milenio a outro?

Por útimo, que elemento hai no concello de Guntín que confirma esa tradución? Pois o río Ferreira que pasa por el. Máis claro, auga.