Gundín xa o explicamos en armas no teito, xa hai tempo.
O topónimo galego Gundín pode referirse a:
- Gundín, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Brión;
- Gundín, lugar da parroquia de Benade, no concello de Lugo;
- Gundín, lugar da parroquia de Pedraza, no concello de Monterroso;
- Gundín, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño;
- Gundín, lugar da parroquia de Vilarmaior, no concello de Vilarmaior.
Quero facer unha correción de armas no teito a escudos. A verdade é que non sempre acertas á primeira e debes corrixir. Neste caso eu o opino así. Armas no teito ten algún sentido, pero pouco. Arma-teito ten moito máis sentido cando pensamos nun escudo e a maneira de poñelo de teito contra as frechas.
Así que cambio a miña tradución a escudo e o valor de utilidade do topónimo a "lugar onde se fabrican escudos".
Gundián, arma intensiva, que non está moi claro que significa (quizais unha lanza). Desde logo, quizais, mortal.
dian2, a. (gsm. déin, gsf. & comp. déine, npl. ~a).Intense, vehement; hard, severe. Intenso, vehemente; duro, severo.
O topónimo galego Gundián pode referirse a:
- Gundián, lugar da parroquia de Costantín, no concello de Baralla;
- Gundián, lugar da parroquia de Petán, no concello da Cañiza;
- Gundián, lugar da parroquia da Ponte Ulla, no concello de Vedra.
Gunturiz (Gunturis, xa que a z non existe en celta) é arma que xira Unha fonda? en Gunturiz, Breamo, Pontedeume
dicía o escritor romano Vexecio :
-
- "Os recrutas serán ensinados na arte de lanzar pedras com ámbalas mans e coa fonda. Din que os habitantes das Illas Baleares son os inventores da fonda, e de as administrar con sorprendente destreza, o que se debe á forma como educan ós seus nenos. Os nenos non lles era permitido ter a comida antes que tivesen golpeado coa fonda. Os soldados, mesmo usando as súas armaduras defensivas, son máis duramente afectados coas pedras redondas lanzadas polas fondas que por todas as setas do inimigo. As pedras matan, sen mutilar o corpo, provocando unha mortal contusión na que non sabido que os antigos usaban fondeiros en tódalas as súas batallas. É imprescindible instruír todas as tropas, sen excepción, neste exercicio, pois a fonda non pode ser tida como algo difícil, e é de grande utilidade, especialmente cando deben ocupar lugares pedregosos, ou defender unha montaña ou elevación, e aínda proceder á defensa dun castelo ou cidade."
Gundil significa arma amada, querida, preciosa xa que dil é querida, preciosa
Arguntín un guntín, unha ferrería de armas. Súa ferrería
Arguntá é unha arma ou súa arma.
Gundar arma sensación en Gundar, Nande, Laxe
Etc, Dos 200 e pico gun do listado da toponimia xa dimos as claves fundamentais
- Log in to post comments