Fene é un concello galego, mais para traducilo do celta necesitamos o la, La Fene e entón o significado ábrese: O final, o último. Por exemplo:
Imcim .i, saru h. ut est aras conall ceta roimching aitiri ri la fene isin mdsi so .i. rosaighi no rosaraighi.
Clarísimo, non? Os nosos antergos o entendían perfectamente. Pero a nós neste intre interésanos la fene.
Un concello máis na lista de concellos celtas... O final dun camiño, o camiño máis próximo para chegar a Ferrol, pode ser. Neses tempos en barca desde Fene a Caranza aforrábase a volta a Neda e Xubia. O final do camiño andando, despois en barca. Podería ser pero...
O soño dunha noite de verán
Pasoume como a Poincaré coas funcións fuchsianas ou a Kekulé coa fórmula do benceno, despois de descubrir que la fene era o final, pero non sabía de que, na noite, no soño da noite veu a inspiración. Que é o que destaca nese recuncho xeográfico? Que é -case- o final da ría. Para supoñer que o era -efectivamente- o final da ría temos que supoñer unha inundación xigantesca do mar nun antigo val do Xubia que desembocaba e desemboca na ría, pero agora varios quilómetros río arriba. Seguramente trombas de auga como as que vimos nestes meses preparan a demolición do final da ría e a súa ampliación na zona de Neda. Sempre as vin como dúas zonas xeoloxicamente diferentes. A zona de Neda ten bordos de pouca altura e de terra. O bordo de Fene á boca da ría é rochoso abrupto e, como mínimo, alto, senón xigante coma na Graña.
En que tempo podemos supoñer que ocurriu. A verdade que desde os 20.000 anos antes de Cristo o nivel do mar non deixou de subir desde case 120 metros debaixo do nivel actual ata o nivel actual, aínda que o cambio climático e de nivel fundamental ocorre hai 12.500 cando se afunden no mar Atlántico todos os glaciares e lagos xigantes de Norteamérica. Necesiariamente subiu o nivel do mar. Pero hai outro momento cun proceso similar ao da ría de Ferrol que ocorriu hai 5000 anos e foi moitísimo máis cataclísmico: o nacemente do mar Negro polo afundimento das barreiras do Bósforo e, polo tanto do paso do mar Mediterráneo ata alí, extendéndose para dar lugar ao mar Negro.
Gustariame que alguén da SGHN de Ferrol, que posúe un magnífico museo en Ferrol, estudase esa hipótese da inundación preta no tempo do val do río Xubia en Neda hai poucos miles de anos xa que se podería comprobar que, por exemplo, nos útimos tres mil anos hai depósitos mariños no lodo do fondo e nos 30000 anos anteriores hai sedimentos de vexetación nesa zona anegada- e incluso algún castro ou restos de vivendas humanas. Mesmo, tamén, a orixe da palabra Xubia tamén pode vir da fructificación e os alimentos que producían as inundacións periódicas do río nese val, que non están tan claras na desembocadura actual.
Mentres, un novo exemplo de como a toponimia celta galega pódenos iluminar,-las-, a historia do noso querido -dil- país -tir-. E xa falamos algo o celta.
O domingo desta mesma semana pasei pola autopista pasando por Fene camiño de Ferrol. Estaba a marea baixa. Na zona de Narón non tiña auga ningunha. Víase unha gran extensión de lodo negro polos dous lados da autopista. A confirmación dunha lixeira inundación-hai poucos miles de anos- eu penso que está asentada. Alí, ata hai pouco non había mar ningún. Se fósemos holandeses xa teriamos recuperado e saneada (sen lodos noxentos) esa zona de modo que o río Xubia servise para producir "os teus alimentos" nesa zona saneada e non para dar noxo e envelenar a ría. Entón Fene volvería a ser o final da ría.
- Log in to post comments