Curtis

Submitted by admin on Tue, 07/10/2018 - 13:22

Curtis é un concello moi curioso porque os habitantes da zona reclamaron ese nome contra as disposicións da Xunta que querían convertelo en Estación no ano 2000. A estación de Curtis é símbolica porque tiñas que pasar por ela para ir a Coruña desde Betanzos, pero mais simbólico aínda é o nome Curtis, un patrimonio universal a defender. O actor Toni Curtis usaba ese nome, e sempre me chamou a atención.

A wikipedia xa nos adianta que estamos en territotio supercéltico:

Patrimonio arqueolóxico

Detalle dun dos torques de Foxado. (un entrelazado celta anterior aos irlandeses)

De tempos anteriores á conquista romana localizáronse varios campos de mámoas e castros. Na zona de Curtis, Sobrado e terras próximas foron catalogadas un total de 211 mámoas, 67 das cales están no actual concello. As terras de Curtis estaban poboadas pola tribo dos ártabros, e desa época atopáronse no Cordal de Paradela e nas estribacións* do monte de Montouto (entre Aranga e Guitiriz) lousas marcadas con incisións semellando figuras humanas dándose a man[11]. No castro de Foxado atopáronse importantes xacementos arqueolóxicos e xoias de ouro, o Tesouro de Foxado exposto no Museo de Pontevedra.

Os castros localizados no concello son os seguintes[12]:

Que polo nome xa dan traballo para un mes de traducións desde o celta.

Pero agora estamos con Curtis. Curt significa brusco, cortante, curto así que Curtis, en celta, pode ser é curto ou son bruscos -que tiñan moita testoesterona, vaia, ademais de estar nun territorio superpoboado de castros, facilitando os roces entre eles-, iso explica que despois celebrasen as paces facendo "lousas marcadas con incisións semellando figuras humanas dándose a man" . De novo vemos a influenza dobre do celta e o latín na formación da palabra curto en galego e non corto.

Aínda que tamén é posible a tradución como asentamento de- ou poñer-cur  casas- ti.