Unha das características do celta é a reconfirmación. O que afirmamos parece que ten que ser confirmado polo interlocutor, ademais volvendo a repetir parte da frase, o noso ¿nonsí?
Sobre o dialecto do Ulster a wikipedia conta que : A práctica parece ser que cha(n) se utiliza sobre todo ao responder a unha afirmación, tanto para confirmar unha afirmación negativa (Níl aon mhaith ann - Chan fhuil, leoga = "Non é bon" - "Seguro que non o é") como para refutar unha afirmativa (Tá sé go maith - Chan fhuil! = "É bon" - "Non, non o é!"), mentres que ní se prefire para contestar a unha pregunta (An bhfuil aon mhaith ann? - Níl = "É bon?" - "Non").
Pero que diriamos dunha palabra que explica exactamente o seu significado?
Pois que abunda en celta galego e castelán. Por exemplo, patacón e pataca (moeda) é celta. O dicionario da RAE afirma que ven do italiano, o cal non explica que o seu uso máis extendido sexa no oeste da península ibérica. O dicionario da RAG non explica a súa orixe. En épocas medievais foron nome de moedas de Castela, Galicia, Portugal e León.
O Dirae di que patacón.
De pataca1.
1. m. Antigua moneda de plata de una onza.
2. m. Moneda de cobre que valía dos cuartos.
3. m. Moneda que valía diez céntimos.
Cousa que obvia a wikipedia española e fai a palabra de orixe árabe e inexistente en España... Desde logo en Galicia e Portugal úsase bastante e en Portugal deixou unha morea de moedas, existentes en Timor, Macao, Brasil e no mesmo Portugal.
Modernamente, estivo a piques de converterse no nome da moeda da Arxentina. Por pouco.
Pero cal é a reconfirmación? A moeda podería chamarse de calquera modo arbitrario, mesmo dun rei, dun deus ou duha deusa, etc.. pero que diriamos se se chamase a moeda coa que se pagan os salarios?
Seguindo coas moedas, que dicir da ferrolana mota? Mota, en ferrolano, alude a moeda de menor valor das existentes. E se a traducimos por algo teño? Pois que estariamos reconfirmando o seu uso e o seu significado, con retranca, pois o celta galego está cheo de retranca.
- Log in to post comments