Na literatura galega, desde sempre ligada ao mundo celta, está moi presente o Rei Artur.
No artigo da wikipedia hai moitas etimoloxías posibles, incluindo a de Rei Oso. Imos aportar unha máis. Ar en celta é un e tur é brando, un calquera, un anodino. Se vos fixades o Rei Artur non é coñecido polas grandes batallas vividas senon polo personaxes que o acompañan na súa vida: a táboa redonda, Merlín, ...
Como a idea de que unha persona calquera nunha democracia pode chegar a conseguir ser o máis alto, esta versión da etimoloxía do Rei Artur apunta a que calquera pode ser como o Rei Artur se vive nunha Camelot que o apoie. Un calquera rodeado dos personaxes apropiados pode chegar a onde queira. Xa vexo aos partidarios da diferenza, da estrela que ilumina aos talentosos, do talento innato sen contexto apropiado, todos protestando. A miña resposta sempre foi: Mozart só nace nun país cunha cultura musical altísima como a de Austria. Se queres Mozarts tes que conseguir primeiro que a cultura musical do pobo sexa altísima. Todo o demais é pura tontería e negocio para os pretendidos "buscadores de xenios".
Por outra banda Turing procede de Tur... O pai da computación científica ten apelido celta. E nace en Inglaterra porque os ingleses maman a ciencia e as matemáticas. Un calquera que cambiou a historia da Segunda Guerra Mundial e a historia da Humanidade. Cheo de "presuntos" defectos que o levaron ao cárcere e ao suicidio, eses son os meus "héroes". Na Universidade de Santiago non houbese chegado nin a bedel... buscando como estaban aos talentosos.
- Log in to post comments