San Cristobo de Goimil evoca seis mil anos de oración nese lugar de Vilarmaior. É evidente que non sei a data exacta da súa orixe, pero poderiamos acotala 2000<Data<6000 anos.
Aínda que San Cristobo confírmanos a cristianización dun lugar de culto celta, bastaría a toponimia para saber que este era un lugar de oración celta.
Se queres ir vela está aqui
Podemos facer un pequeno esforzo de imaxinación e ver ao menos tres partes nos muros da igrexa. Estamos mirando á portada, ao campanario e a primeira imaxe do lado esquerdo da igrexa cóntanos unha construción do século XVII, seguramente, o mesmo que a portada da igrexa e o campanario. Por certo que a portada ten unha historia de sucesivos letreiros (ten un lugar moito máis grande para letreiro que o que utiliza. E o utiliza en castelán a cachón, como unha demostración de forza dunha igrexa que non so quitoulle a alma e a relixión ao pobo celta que habitaba a zona, senón que quere impoñer un segundo cambio lingüístico como quen non quere a cousa. Sen un chío de remordimento. Non vín declarar en ningún momento como a causa máis probable de desgaleguización dos nenos galegos a desgaleguización dos avós e maiores galegos a través da Igrexa como institución.
Pero estábamos mirando os muros e se queredes saber cando se construíu o ultimo muro da dereita (totalmente distinto dos anteriores) probablemente estudando o morteiro con carbono 14 dese lado do muro se podería saber. Eu apostaría por 1000 anos AC. Pero a capela pode ser moito máis antiga.
Se moitas nazóns europeas defenderon o seu estatus de nazón creando unha relixión propia, penso que ese é o camiño para Galicia, emprazar á xente a crear estruturas propias como a relixión propia.
Xa vos vexo alporizados, non creo en nada e vou ter que crear unha relixión, anda que lle dean...
Os celtas galegos non crían en nada. Estrabón dicía que eramos ateos, os topónimos galegos están cheos de lugares "sen Deus" (ademais dos de "con Deus") pero a maxia e a credulidade celta a temos no sangue.
Cremos a nosa relixión propia galega e celta. Non para "as mil primaveras máis para a lingua galega" senón para "os vindeiros seis mil anos de oracións galegas".
- Log in to post comments