Desde Estocolmo

Submitted by admin on Sat, 07/28/2018 - 08:34

As últimas entradas, como esta, de Celtia.org foron escritas desde Estocolmo xa que estou asistindo a Bridges 2018 aquí. Que ten que ver Celtia con Suecia? Pois unha cousa curiosa. O sueco deixa rastros antigos na súa lingua. Por exemplo eu estou aloxado aquí

STF Gärdet, Stockholm
Sandhamnsgatan 59A
115 28 STOCKHOLM

Imos ver ou analizar Sandhamnsgatan. E dentro dela a parte de gatan. Gatán=rúa, escríbese ao final da dirección, en galego diriamos Rosalía de CastroRúa e ademais a palabra rúa (gatan) encadéase co nome. Como se fose celta galego... Ao menos unha parte dos encadeamentos das palabras da toponimia galega pode ser que fosen obrigados no seu tempo e unha característica propia da lingua. Exactamente igual pasa coa orde das palabras, se ben, no suposto de que estamos a falar dunha lingua de dez mil anos de antigüidade tivo tempo e tempo de inventarse varias regras sintácticas distintas. Ou na Limia tiñan unha regra e na Coruña outra distinta. Algo desa diferenza pervive na fala actual e na toponimia, como cando falan de "fala doce". Os dese lugar tiñan unha fala que lle resultaba doce aos oíntes e  así o sinalan. Hai moitísimas "falas doces".

men
Musset -museo- encadéase frecuentemente ao final da palabra, como o celta galego.

Centralstation, Sturplan, Humlegården, Kungliga Tekniska högskolan, Hjorthagen, Kungsängen, .... as palabras designando un lugar por unha propiedade teñen ese efecto de encadeamento das palabras: Estación central, plan Stur, granxa de lúpulo, Royal Technical High School, Granxa, praza (torg) e ata cama..
 

Dia Bas
O Dia Bas celta persíguenos coa mirada na exposición de Bridges 2018 en Estocolmo