O apelido Goy

Submitted by admin on Sun, 07/29/2018 - 15:00

Pouco que dicir despois do dito. Que significa?

Ben, finalmente imos dicir algo desa palabra. Que ten que ver Goy con Abuín, Guitiriz, Allariz...? Que foron latinizadas impedíndolle o i final. Para os que xa o entenderon estou dicindo que moitas palabras "xermánicas ou tidas por tales na toponimia galega" son puramente celtas algo latinizadas ao final para impedir un i final. Só na zona de Lugo consérvanse  palabras rematadas en i sen maís. Pero son escasas. A meirande parte delas disimulan ese i final abertamente non latino engadíndolle algo, un n, un z, un y grego.... seguindo a moda disimulada de "falamos latín". Xa daquela, que pesados e mentes cargadas de odio lingüístico conviven con nós. Porque non unha lei contra o odio lingüístico e pola concordia "harmónica" das linguas en España?