Un dos exercicios propostos fai tempo xa "En que lugar de Galicia os celtas teñen máis amigos?" o imos desvelar agora:
Lán cara= Moitos amigos é a solución. O concello de Láncara, en Lugo e outros lugares e vilas de Galicia chámanse así (por exemplo en Abegondo). O lugar natal do pai de Fidel Castro amosa xa o valor do colectivo. Moitos amigos, Láncara, sería tamén un nome precioso mesmo para Galicia. Se traballásemos coordinadamente e seguindo obxectivos de ben común, claro.
Teño que agradecerlle a todos os profesores de indoeuropeo que escribiron artigos sobre cara que tivesen a delicadeza de deixarme a min o pracer de descubrir que era Láncara. Ademais de a eles, a todos os que negaron, fosen franquistas ou non, que en Galicia houbera celtas. Grazas a todos eles por deixarme escribir as solucións celtas da toponimia galega. Para min está sendo un pracer escribilas.
- Log in to post comments