Se falamos de Bra como muíño de man, habería que falar, coherentemente, do farelo (salvado, en castelán). Bran=farelo, salvado. Así vese claramente o uso de palabras similares para elementos relacionados. Pero é que ademais ten un gran transfondo céltico, aventureiro e alimentario.
A wikipedia di
Toponimia
- En Galiza
- Bran, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Oroso;
- Bran, lugar da parroquia de Niñodaguia, no concello de Santiso;
- Fóra de Galicia
- Bran, unha vila no Condado de Braşov, en Romanía.
- Castelo de Bran, un monumento nacional romanés, coñecido coma o castelo de Drácula.
- Bran, comuna francesa en Charente Marítimo.
- Castell Dinas Bran, un castelo en Llangollen, en Gales.
Antroponimia
- Bran, antropónimo masculino galego de orixe celta-galaica.
- Bran Mutimirović, realeza serbia.
- Bran Drobnjak, fundador do clan serbio Drobnjaci.
- Bran Ardchenn, rei de Leinster, unha das catro provincias de Irlanda.
- Bran Becc mac Murchado, rei de Leinster
- Guto Nyth Brân, lendario atleta galés.
- Bran mac Febal, navegante lendario irlandés.
Mitoloxía
- Bran o Bendito, caudillo galés mítico da Britania pagá.
- Bran Mak Morn, o último rei dos Pictos na novela de ficción de Robert E. Howard.
- Bran mac Febail, protagonista de Immram Brain (A viaxe de Bran), un conto da mitoloxía irlandesa.
- Varios personaxes da saga de fantasía de George R. R. Martin A Song of Ice and Fire.
- Brandon "Bran" Stark, personaxe de A Song of Ice and Fire.
Outros
- Bran, o nome inglés do farelo dos cereais, fonte da fibra, usado en moitos produtos alimentarios en Galiza con ese nome.
- Bran, banda de rock galesa.
Ou sexa que a wikipedia fáltalle o Bran de Vedra e Arzua.
TOPONIMO | FONETICA | TIPOLOXIA | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|---|---|
Bran | bran | Aldea | ARZÚA | Burres (San Vicenzo) |
Bran | bran | Aldea | SANTISO | Niñodaguia (San Paio) |
Bran | bran | Terreo mixto | VEDRA | Vedra (Santa Eulalia) |
Ademais hai uns 60 bran compostos con outras palabras. Pero destacaría o que di Bran, o nome inglés do farelo dos cereais, fonte da fibra, usado en moitos produtos alimentarios en Galiza con ese nome. Temos de novo unha palabra inglesa de orixe celta galega. E o aspecto mitolóxico-alimentario que destaca a cadea alimentaria Forno San Brandán, de A Coruña.
Sobre San Brandán falaremos outro día.
Sobre a marca All Bran ( que usa o noso bran) de Kellogs. En fin, xa sabedes que, ou como, un pouco coñecido lugar de Miño conecta e outros de Arzúa, Santiso, Vedra e Oroso conectan cunha palabra inglesa, cunha multinacional alimentaria e cunha lenda irlandesa, entre outras moitas outras conexións.
- Log in to post comments