Boiro

Submitted by admin on Mon, 08/06/2018 - 20:30

Boiro anuncia as súas festas celtas do día 10 ao 12 de agosto. Nas interesantes propostas que presentan como un carro da gran raíña Morrigan (algo así como gran Raíña gran Raíña) penso que algo temos que ver desde Celtia.org. Non sexades tímidos e contádenolo.

https://boiroturismo.gal/agenda/MERCADO%20CASTREXO/

Ben, pero que significa Boiro? Pois vacas en demasía, demasiadas vacas. I-ro, en demasía... Nós non o veriamos así, a Boiro coma un concello orientado á agricultura, á gandeiría de vacas e non á pesca e á outras industrias coma as de mexillóns, bateas, turismo, etc...

Pero nalgún tempo pasado debeu ser así para que lle diran ese nome a Boiro. Tamén teñen unha festa mariñeira do Escarabote e, de novo, hai un certo trabucamento no tipo de festa. Escarabote fala de gandeiría e dunha regra "científica" que indica cando unha vaca vai quedar preñada. En celta. Hai 2500 anos polo menos. Unha regra que aínda se aplica nas crenzas populares.

A min o feito de que acabo de traducilo como se nada conxéame o sangue. É a primeira vez que teño a sensación de estar capacitado para ir atrás 2500 anos no tempo e entenderme cos nosos antergos e paisanos dese tempo. Ao menos parcialmente. O refrán entendino perfectamente.

Pasoume no 82 en Roma, o feito de ler o texto do Panteón coas súas letras perfectamente coñecidas a pesares dos miles de anos pasados pareceume máxíco (ademais da tecnoloxía inxenieril que significou no seu tempo, a súa cúpula non foi superada ata mil e pico de anos despois).

E que dicir do efecto propaganda do nome: Vide acó, que nos sobran vacas! Posiblemente sexa esa a orixe do nome. Esperar o efecto chamada dunha esaxeración dirixida cara aos habitantes do interior, que valoran as vacas. Pode ser. Se lle dis que nadan en mexillóns, mariscos ou peixe quizais que non o aprecien.