Pois realmente Traba era unha praia...

Submitted by admin on Fri, 08/10/2018 - 17:15

Xa o contamos hai tempo, Traba era unha praia (e a razón para afirmalo era que esa era a frase que o expresaba  en celta con Traba). Pero fun ata alí, ao Museo do Mar de Laxe que ten unha maqueta da zona de Laxe na que é posible contemplar que a zona de Traba(non estamos a falar da praia de Traba, senón da parroquia de Traba, máis arriba), adentrada na terra, era certamente unha antiga praia cuxo areal foi extendéndose no mar, ata dar lugar a un extenso areal convertido en terreo cultivado hoxe.

É dicir, en resumo, eu predicín a situación xeolóxica da zona sen habela visto (só polo nome celta). Claro que como se pode ver na foto actual un tamén pode ver unha zona tabulata-plana. O encargado do Museo de Laxe así o dicía. Traba vén de tabulata-en latín. E eu afirmáballe: Traba vén de "era praia". Non me creu, penso. As verdades oficiais teñen un peso que as fai dificíles de mudar. Así que imos refrexionar sobre o tema:

Non penso que exista ningunha transición posible de tabulata, que hoxe digan tabulata e mañán digan traba. Fonéticamente non o vexo posible.

E, en segundo lugar, xeoloxicamente ten as mesmas caracteristicas das praias extendidas cara ao mar con areais que, ademais, nalgún caso dan lugar a unha lagoa. A praia de Doniños, en Ferrol, é unha praia de areal extendido, que, ademais, ten unha lagoa nun extremo, conservada desde os tempos en que alí había mar. En Valdoviño a situación da lagoa é mais fluída, aínda conserva a conexión co mar. E en Traba a situación é como Doniños ou Corrubedo. Unha lagoa pechada ao mar, pero con orixe nese mar. O "era praia" é indiscutible.

 

 

 

Traba