Algúns opinan que os árabes estiveron 30 anos en Galicia, outros que só nas escaramuzas de Almanzor ( A súa xesta máis importante foi o saqueo de Santiago de Compostela o 10 de agosto de 997, cando incendiou e destruíu a catedral e o sepulcro do Apóstolo, e obrigou aos cativos cristiáns a levar as campás da Catedral e mais as súas portas até Córdoba. Polo que se vé un só día )
Pois ben ponse como exemplo da -case única- influencia árabe en galego a palabra aldea. Certo? Pois si e non- que menos pode dicir un galego.... É posible que aldea pasase ao galego polo castelá e tamén porque é celta, e ten un significado positivo. Un dos poucos falantes celtas da época estaría oíndo "para ben", que se atendemos a extensión de expresión en galego ainda na actualidade en forma de parabén, felicitación, pode ter sido unha palabra de uso común na época celta reconvertida, por influencia castelá, en vila moi pequena, aldea. Por outra banda o significado orixinal perdura en forma latina, perfectamente acuñada, "parabén".
Todo hai que dicilo, dea é bó en celta...
- Log in to post comments