Como en Portosín Porto é latino, Ponte é latino, naturalmente. Incluso o de. Así que hai de celta en Pontedeume? Pois ume. Así opina a páxina do concello de Pontedeume https://pontedeumeturismo.es/origen-del-toponimo/
Seguimos as súas indicacións e buscamos ume en celta e chegamos a
copper, brass, Irish umha, Old Irish humæ, ume, copper, brass, umaide, humide, aeneus, Welsh efydd, Old Welsh emid, aere; *umâjo- (Stokes), *omja (Ascoli), *um-ajo-, -ajo- = aes (Bez.).
En Old Irish está claro: ume é cobre, latón. En principio non sei de ningunha mina de cobre nas beiras do río Eume (investigareino) pero pode ser un cobre virtual. Se fose bronce aseguraríao con forza. O río Eume nas fragas do Eume é verdoso como o bronce oxidado e vello, sobre todo como refrexo da vexetación vizosa da contorna.
Pero un río de color cobre eu non o vexo. En fin, ou ben Ume era tamén un nome celta galego para bronce e así encaixa no lugar perfectamente ou ben o color cobre do río producíase hai moito tempo por derrubamentos de zonas de terra próximas ao río.
- Log in to post comments