Ao río Umia pásalle o mesmo que ao río Eume que pode trazarse a súa orixe ata o celta ume ou umha
copper, brass, Irish umha, Old Irish humæ, ume, copper, brass, umaide, humide, aeneus, Welsh efydd, Old Welsh emid, aere; *umâjo- (Stokes), *omja (Ascoli), *um-ajo-, -ajo- = aes (Bez.).
Aínda que, tamén, supoñendo que están falando de bronce e non de cobre. Que en celta galego umha era tamén bronce e entón os ríos, cheos de vexetación, eran da cor do bronce.
Claramente estamos matizando as etimoloxías "indoeuropeas" de Navaza que recolle a wikipedia
Etimoloxía
Umia < *u̯h1-m-i̯a, viría da raíz hidronímica prelatina indoeuropea *u̯h1-m (auga)̯̯ cfr. lat. ūmeō <*u̯h1-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Uma, Río Mao, Acea de Ama etc).[1]
É dicir, se estivesemos falando de hai 10000 anos é posible que esa raíz indoeuropea de auga dese orixe ao nome dunha cor verde uma (xa que os nosos ríos están cheos de cor verde) e co descubrimento do bronce, miles de anos despois, fose nomeado así pola súa cor e por estensión ao cobre de onde procede fundamentalmente o bronce. Pode ser. Pero aos nosos falantes celtas de hai 3000 anos estarían oindo bronce ou cobre, non auga.
O interesante é que, de paso, sabemos a etimoloxía, de Río Uma, e dos distintos Río Mao
- Log in to post comments