Di a wikipedia que
O topónimo Riobó é un hidrónimo de carácter valorativo, e fai referencia a un curso fluvial bo. Pode referirse a:
- Riobó, parroquia do concello da Cabana de Bergantiños;
- Riobó, lugar de dita parroquia;
- Riobó, parroquia do concello da Estrada;
- Riobó parroquia do concello de Rodeiro;
- Riobó, lugar da parroquia de Osmo no concello de Cenlle;
- Riobó, lugar da parroquia de Santa María de Alta no concello de Lugo;
- Riobó, lugar da parroquia de Laro no concelo de Silleda;
- Riobó, lugar da parroquia de Negreiros no concello de Silleda;
- Riobó, lugar da parroquia de Meirás no concello de Valdoviño;
- Riobó, lugar da parroquia de Prado no concello de Vilar de Barrio.
Como apelido pode referirse a:
- Manuel Riobó Guimeráns, médico e político galego (1860-1933);
- Didio Riobó Bustelo, médico e político galego, fillo do anterior (1888-1936);
Eu, e non vos sorprenderá a estas alturas, penso que Riobó ven de río de vaca, ainda que a interpretación desa tradución quere dicir o mesmo ca da wikipedia: un río de vacas é un río bó.
- Log in to post comments