A Lúa di cando as vacas preñan

Submitted by admin on Mon, 08/20/2018 - 12:12

Unha frase de sorprendente brevidade e intelixencia anuncia un refrán celta galego en celta, claro. Nunha localidade coruñesa da que xa temos falado.

A interpretación: as fases da Lúa teñen que ver, afectan á facilidade de preñarse das vacas. Dito doutro modo, temos que levalas ao touro para preñalas en certa fase da Lúa. Non din cal, claro.

Se falamos non de vacas, senón de mulleres a sabiduría popular afirma o mesmo " Algúns ata chegaron á errónea suposición de que a lúa nova era motivo da regra nas mulleres virxes e a lúa menguante nas adultas e casadas.[32]" 

Desde logo o ciclo menstrual de 28 días coincide co ciclo lunar. Mesmo a semana orrespóndese coa cuarta parte dun ciclo lunar, de 28 días, que desde antigo serviu como base para o calendario lunar. O calendario celta é un calendario lunar, por exemplo o de Coligny:

"O calendario de Coligny é un intento de conciliar os ciclos da lúa e o sol, considera as fases da lúa como base de cálculo, e tódolos meses comezan coa mesma fase luar.

O calendario usa unha regra matemática para manter un calendario normal de 12 meses sincronizado co ciclo lunar, engadindo un mes extra cada 2 anos e medio. O calendario de Coligny rexistra un ciclo de 62 meses lunares de 5 anos (tamén chamado grande ano celta, cando se sincronizan de novo os ciclos do sol e a lúa), dividindo cada mes en 15 días de luz (medio ciclo lunar), e 15 días de escuridade (o outro medio ciclo lunar).

A data do inicio do seu uso é descoñecida, a súa correspondencia cos calendarios dos celtas insulares (Eire e Bretaña) suxire que algunhas das formas lingüísticas e os cálculos implícitos" son moi antigos no tempo. De orixe galega?