Antano

Submitted by admin on Mon, 08/20/2018 - 17:31

Antano existe en galego segundo o RAG aínda que o tradutor gaio non o coñece. Existe, claramente, sen embargo, en castelán como antaño. Procede " Del latín ante annum"    di etimologías de Chile. E porque non do celta?

Vexamos como tan (un dos significados é tempo) é an tan significa cando (cando refírese fundamentalmente ao pasado) ou ben  nun tempo ou en tempos.

tan

time, an tan, when, Irish tan, an tan, Old Irish tan, intain, intan, quum, quando: *tanâ, time; Sanskrit tan, duration, tanâ, continually. root tan, ten, extend, as in tana, q.v.

Pois ben an tan->antano é simple e sinxelo e ante annun-> antaño é realmente complicado. Para Celtia, polo tanto, antano vén do celta.

De paso, podemos ver outro dos posibles significados de Quintana como tempo dos parentes se traducimos tana como tempo. Neste caso estaría máis clara a expresión de Quintana dos mortos da praza anexa á catedral de Santiago. Os mortos máis queridos son os parentes mortos. Na Quintana dos mortos celebrábase o tempo dos parentes mortos.

Curiosamente como topónimo existe moito máis no resto de España

No resto de España
Quintana del Monte, concello da provincia de León;
Quintana, localidade do concello de Camaleño, en Cantabria;
Quintana, localidade do concello Campoo de Yuse, en Cantabria;
Quintana de Toranzo, localidade do concello de Corvera de Toranzo, en Cantabria;
Quintana, localidade do concello de Soba, en Cantabria;
La Quintana, localidade do concello de Valdeolea, en Cantabria;
Quintana de Sanabria, localidade do concello de Cobreros, na provincia de Zamora;
Quintana Redonda, concello da provincia de Soria;
Quintana, localidade do concello de Valdés, en Asturias;
Quintana, parroquia do concello de Belmonte de Miranda, en Asturias;
La Quintana, lugar da parroquia de Trubia no concello de Oviedo, en Asturias;
Quintana de la Serena, localidade da provincia de Badaxoz;
Quintana, aldea do municipio de Villarta-Quintana, na Rioxa; Quintana, barrio do distrito de Ciudad Linal, en Madrid; En realidade hai un cento de Quintanas máis  que estas da wikipedia galega xa que proceden de "Del latín quintana, una de las vías de los campamentos romanos donde se vendían víveres. "