Goiriz

Submitted by admin on Sun, 08/26/2018 - 19:58

Estes días pasei por Goiriz que é unha boa introdución ao xermánico "riz". Como xa contara non existe esa versión xermánica (dito dun modo xeral) na toponiia galega e si é unha terminación falando do rei "ri" ou alcalde "ri" que lle pasa algo digno de sinalar. O "z" foi  unha invención posterior para latinizar ese topónimo. Imaxinade o topónimo Goiri, parece vasco, é raro para un oido castelán, así que poñemos Goiriz (como un suposto apelido, como o fillo dun suposto nome e asunto arranxado).

Pero Goi xa explicamos que e unha extendida variante galega do Gui irlandés que significa oración. Así que rei en oración, o rei ora, aquí o rei é crente e ora nesta igrexa, para orar o rei, son distintas variantes explicativas do significado de Goiri. Desde logo todos os topónimos celtas queren contar algo. Non había xornais, así que no nome dos nomes dos lugares escribíase a gacetilla local. O que indica este topónimo é que os reis non debían ser moi moito de oración (ao menos desa zona) porque era necesario contar que existía un que se saía da norma.