Steven Pinker e a toponimia celta galega

Submitted by admin on Mon, 09/03/2018 - 14:12

En primeiro lugar, teño que agradecerlle ao meu amigo Pepe terme falado de Steven Pinker e a súa gramática profunda. Pepe, un físico reconvertido ultimamente á lingüística computacional, con moitos interesantes traballos nunca divulgados e que seguramente perderanse por non divulgarse, precisamente. Forma parte das rutas do verán, con Mario e con conversacións alucinantes sobre cales son os problemas máis importantes da Ciencia: o Universo e o cerebro.

Ademais faloume dos videos que vos vou amosar aquí (un deles de Steven Pinker) que explican perfectamente porque a toponimia celta galega é como é e está composta de pequenas frases celtas: se un oínte escoita unha fala que descoñece o que ocorre é que non sabe dividir a fala en palabras, polo que ao recoller os sons en forma escrita a única maneira de rexistralo é xuntar a frase nunha única palabra.

Imaxinade a un censor latino querendo facer un censo dos lugares xeográficos galegos no século I, por exemplo. Fálanlle de frases celtas, pero el recolle unicamente palabras. Sabemos de máis casos como a toponimia celta galega? Pois que eu saiba non. Non, é unha toponimia única por esa razón, o mesmo que Galicia é un país único con dúas linguas propias ou que poden considerarse propias, se ben unha delas sexa descoñecida.

Somos extremadamente diferentes e Steven Pinker explícanos neste video un deses porques.

la lingüística como ventana a nuestra mente steven pinker en español

especialmente do minuto 42 ao 46 no apartado palabras e fronteiras. Aínda que pragmática é tamén moi interesante para celtia.org

Lenguaje   Capítulo Completo   El cerebro y Yo   

Nos primeiros 6 minutos deste último vídeo vólvese tratar esa temática, aínda desde o punto de vista de como un recén nacido aprende a dividir palabras como primeiro paso para coñecer e aprender o idioma. Isto apunta a que a toponimia galega non se estableceu cando había falantes celtas senón cando non había medios de saber cales eran as palabras, cando ninguén falaba xa celta.