Contaba Marcial Tenreiro que algo así pasou cando os romanos preguntáronlle a un grupo de xermanos (alamáns) que como se chamaban: Todos os homes ou quizais todos somos homes (demostrando que non entenderan a pregunta), responderon como conta a wikipedia " Fueron mencionados por primera vez por Dión Casio en 213. Según Asinius Quadratus, su nombre indica que eran el agrupamiento de varias tribus, y significa "todos los hombres": " Agora ben, os españois dímoslle ese nome, os franceses chamáronlle alemans. "El término alemans del francés antiguo es tomado del nombre del pueblo alamán. Mientras que la mayoría las lenguas romances adoptaron este término". Aquí tedes outro exemplo de que, como non se entendía a lingua, non se separaban as palabras e ese segue a ser o nome de Alemaña actual. Os topónimos galegos son máis humildes e non designan a un país, a un gran país, senón a unhas vilas, lugares, concellos e cidades. Pero case todos eles están construídos como Alemania, Alemaña e alemán. Como unha frase nun idioma que non entendían os oíntes e polo tanto, xuntábanse as palabras da frase. No caso galego unha frase celta.
- Log in to post comments