Acabamos de pasar o día da Galiza mártir dedicada a Alexandre Bóveda. O apelido e topónimo Bóveda semella falar dunha bóveda de construción romana. Pero no lugar onde aparece o topónimo nin de lonxe sabían nada de construción de bóvedas. Sen embargo a wikipedia parece afirmar o contrario:
Unha bóveda é unha construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.
Como topónimo, Bóveda pode referirse a:
- En Galicia
- Bóveda, concello da provincia de Lugo;
- Bóveda, parroquia do concello de Begonte;
- Bóveda, lugar de dita parroquia;
- Bóveda, parroquia do concello de Lugo;
- Bóveda, lugar de dita parroquia;
- O Castro de Bóveda, lugar de dita parroquia;
- Bóveda, parroquia do concello de Vilar de Barrio;
- Bóveda, lugar de dita parroquia;
- Bóveda de Amoeiro, parroquia do concello de Amoeiro;
- Bóveda, lugar de dita parroquia;
- Santalla de Bóveda de Mera, parroquia do concello de Lugo;
- Bóveda de Mera, lugar de dita parroquia;
- Bóveda, lugar da parroquia de Churío do concello de Irixoa;
- A Bóveda, lugar da parroquia de Miñotos, no concello de Ourol.
- En Castela e León
Amais, como apelido pode referirse a:
- Alexandre Bóveda, político galego (1903-1936);
- José Bóveda Formigo, sindicalista galego (m. 2007);
- Jorge Emilio Bóveda, escritor galego (n. 1975).
Que significa o bóveda celta, o bóbeda? Xa o podedes adiviñar a vaca (ou as vacas) está dobre. Comunicaban a todo o mundo que ese era un lugar onde as vacas estaban dobres, tiñan abundante pasto e, como consecuencia, eran grandes, dobres.
Desde logo, considerada como palabra celta non pode ter v, pois o v non é unha letra celta, como acabamos de ver. A afirmación romana de que en España non distinguiamos o b e o v xa ten unha razón: o v non existía en celta e só pronunciaban o b.
Dicían "Beati hispani quibus vivere est bibere". Felices os españois para quen vivir é beber (xa que as palabras “vivere” e “bibere” soaban exactamente iguais en certas zonas de España como Galicia e o norte de Portugal).
- Log in to post comments