O poema da vaca marrón

Submitted by admin on Thu, 02/15/2018 - 14:02

Neste lugar hai unha fervenza, e inspira unha reflexión sobre as xentes celtas galegas e os seus lugares: teñen centos de lugares que tiñan un poema asociado, (xeolocalizado como facemos en novacarta.eu, críamos que o inventabamos nós e fixéronno os nosos antergos) e o título dese poema dá nome ao lugar. Estou falando non de un, dous ou unha ducia, estou falando de centos de lugares que tiñan poemas asociados. O predominio cultural das letras sobre as ciencias en Galicia xa vén de lonxe. Somos bardos, e, moi tanxencialmente, guerreiros, agricultores, navegantes e pescadores. Lástima que tivésemos a cultura memorística dos celtas- os que aprendían , aprendían durante 20 ou 30 anos de memoria, poemas,  lendas e historias e os pasaban a xeración seguinte porque así o fixeran durante 10000 anos, con éxito, debeu ser porque non vían necesidade de escribilos.

O nome do poema non é moi ilusionante  hoxeendía. Cada tempo require os seus poemas, as súas ensinanzas, a súa propaganda.

Os que cren que hai 2500 anos a lingua celta veu de centroeuropa a Galicia estarán abraiados. Pois si, na miña opinión un celta primitivo, aínda máis, moi primitivo, pois é o primeiro, nace en Galicia hai 12000 anos ou antes. Así que non esperedes no celta galego as longas, sofisticadas e elaboradas construcións do irlandés, unha lingua con evolución de 2000 anos posteriores que o celta galego non tivo. Son palabras realmente primitivas.

E que pasa co indoeuropeo? Noutro momento.

Pasei por alí, como non, e xa teño unha nova explicación: o lugar é unha sucesión de zonas de prados entre montes. Nesas zonas as vacas pastan. Na época celta eran vacas marelas, exclusivamente. A nova posibilidade é que, ao menos neste caso, o termo poema poda ser traducida por estampa. Así  a tradución do lugar, o nome, sería "A estampa das vacas marelas", " A paisaxe das vacas marelas". Vexamos como é hoxendía. Ao fondo, como puntos está a colección de vacas pastando. Hai menos marelas que brancas e negras. Fai clic na imaxe e aplicalle o aumento. Verás as marelas pastando.

Pero en documentos da USC traducen do latín ese lugar. Como? Como "pindirico vén de Píndaro". Atopan un nome dun señor lixeiramente semellante ao do lugar. Aplícanlle unha regra de evolución de palabras latinas ao romance e oh-la-la!, ale-hop xa sabemos que ese sitio vén de Píndaro. Todo hai que dicilo, ese doumento aporta un novo poema á colección de poemas celtas "O Poema da vaca", malia a interpretación pindiritesca. Máis adiante poñeremos algúns máis deses nomes de poemas celtas e de lugares.