O artigo Horror vacui da wikipedia galega explícao bastante ben: na arte, na ciencia, na filosofía, no sentido da vida, na relixión e tamén no que tratamos aquí, na toponimia existe un horror ao baleiro. Pretendemos darlle un significado entendible a palabras que non entendemos e as buscamos entre as que si coñecemos (non entendemos palabras celtas e as deformamos e as convertemos en case latinas, que si coñecemos). Queremos ver un mundo con orde e non desordeado, cheo e non baleiro de significado. Así que esa tendencia natural dá lugar a unhas etimoloxías inventadas, falsas e moitas veces ridículas como "El niño de la guía" que xa contamos. Pero o exemplo que imos ver agora, do río Eo, o ilustra moito mellor. Os clérigos dos mosteiros da zona da Mariña e Asturias ao toparse con que os habitantes falan de Eo (que non saben que orixe ten) deciden que a súa etimoloxía é Ego e así todo ten sentido e incluso nos seus textos é posible que lle chamen río Ego.... Xa non teñen horror vacui, xa o mundo está cadrado e solucionado, non hai ningunha pregunta que facer...
- Log in to post comments