Eo

Submitted by admin on Sun, 09/16/2018 - 14:42

Longamente desexada a súa tradución, finalmente podo poñela aquí extraída doutro libro de Old Irish:

Di que ïach é gen. sg. of éo, 'salmon' fr. *ëoch; Welsh eog

Así que todo está perfectamente cadrado, o río Eo, o mesmo que din os galeses e como se dicía en Old Irish, é un río de salmóns. Seguramente pescábanse moitos salmóns.

Agora vén a conto a historia dos mineiros asturianos que fai algúns séculos (estou a falar de memoria) puxéronse en folga porque todos os días tiñan de menú na comida salmóns. Nese momento aínda máis abundante que hoxe.

A wikipedia española di que

El río Eo es un río del norte de España, que discurre en su mayor parte por tierras de Galicia y en su tramo final es limítrofe con Asturias. Desemboca en el mar Cantábrico formando la Ría del Eo. Es apto para la pesca de salmones.

E a galega

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Historia

O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemuña Plinio ao falar dos Egobarri, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á Ría.

Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu decurso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres, aceptando como límite aproximado entre a ría de Abres e a Ría e Ribadeo a ponte estradal de Porto, Ribadeo.

Os prerromanos de sempre vén no Eu latino Ego a orixe de Eo. A primeira contradición é se en galego Ego-> Eu porque se Eo procede de Ego, Ego-> Eo.

Para min non ten ningunha clase de dúbida. Dicir que o nome latino do río era Ego era e é un sinsentido, quen era eu e a que se referían con ese eu? Que describía ese eu?. Eo como salmon avisaba a todas as tribus que no río dos salmóns podían ir a pesca de salmóns e, por esa razón, chamábano así. Como vemos en case todos os topónimos celtas descritos ata agora os celtas non  eran uns descerebrados, atrasados, estúpidos e lelos que poñían nomes ao chou, sen sentido, sen propósito. Escollían os nomes que describían o lugar, o máis interesante do lugar, o que lle podía interesar a calquera oínte, o que memorizaría para poder utilizalo en caso de necesidade.