Imos a un lugar mítico celta galego (sen discusión, e admitido universalmente). Estamos hai 4000-5000 anos e como pobo decidimos enterrar os nosos parentes e veciños en terra, (ou quizais só aos xefes), pasando dos tipos anteriores de enterramento (quizais deixalos como comida para carroñeiros, no lume, no mar, etc). Inventamos o enterramento nas mámoas. E inventamos tamén a xustificación, queremos manter quentes aos nosos, deixalos cos seus enxovais, coas súas armas e posesións máis apropiadas para a viaxe ao máis alá.
E o abreviamos no nome: Na terra -marrón- estase quente. Continuase vivindo no máis alá. Algo que descubren moitas civilizacións anos despois, como a china e a exipcia e que leven á cima os irlandeses con Newgrange e Knowth, centos de anos antes das pirámides exipcias.
- Log in to post comments