Duancos

Submitted by admin on Tue, 09/18/2018 - 11:55

Les os xornais do día e aparecen  topónimos novos a esgalla. Hoxe lin o de Duancos en Outeiro de Rei. Ver a Galipedia. En Outeiro de Rei todas as parroquias- ou case todas- son celtas, teñen nome celta.

Dado que cos é celta e necesita un bó número de entradas para explicalo, imos deixalo de momento e concentrarnos en Duan. Que é duan?

Duán e gancho para o peixe que usan os pescadores, fundamentalmente, ainda que tamén ril. Así que podemos dicir:

To hook a fish, duán a chur i mbreac.
renal , Renal calculus, calcalas m duáin. (Cálculo renal)

Así que vendo o Streetview de Duancos en Outeiro de Rei, aposto a traducilo por monte en forma de ril (con varias lombas suaves). Hai algo sorprendente neste nome, se é así. Pásalle o mesmo que a Malata de Ferrol. Para entender a tradución hai que ver un mapa da zona ou supoñer que viron a zona desde un punto privilexiado, ou, aínda máis misterioso e imposible, desde o  aire.