Mála significa bag, bolsa. Polo que non é difícil imaxinar de onde vén o nome de maleta en portugués: mala.
Vexamos algúns exemplos de irlandés:
Tá mála mine air, he is carrying a bag of meal.
Béal mála, gunna, mouth of bag, of gun.
pib (mhála), bagpipe.
No primeiro xa vemos que aparece o Tá de Malata. Tá é presente do verbo Bí:
Bí. (pres:tá, aut. táthar, rel. atá, rel. aut. atáthar, neg. níl, aut. níltear, dep. bhfuil, aut. bhfuiltear; pres. hab:bíonn, aut. bítear; p:bhí, aut. bhíothas, dep. raibh, dep. aut. rabhthas; p. hab:bhíodh, aut. bhítí; fut:beidh, aut. beifear, rel. bheas; cond:bheadh, aut. bheifí; pres. subj:raibh, aut. rabhthar. Exemplos: Ar feadh mo bhí, all my life. Mac Dé Bhí, the Son of the Living God.
Así que Malata significa é unha bolsa. Vexamos que é así en Google Maps no caso da malata máis importante, a Malata de Ferrol, onde está o campo de Futbol de Ferrol:
Efectivamente é unha bolsa que forma a terra coa ría. Este foi un dos meus primeiro descubrimentos en toponimia celta e o o descubrimento do sistema de verificación: Se o significado en celta pode ser comprobado na realidade do lugar non hai dúbida da certeza da tradución. No caso da Malata, non hai dúbida.
Algunhas das Malatas que hai en Galicia son estas
TOPONIMO | CONCELLO |
A Malata | CAPELA (A) |
A Malata | CEDEIRA |
A Malata | FENE |
Camiño da Malata | FENE |
A Malata | FERROL |
A Malata | FERROL |
Estrada da Malata | FERROL |
As Malatas | LARACHA (A) |
As Malatas | LARACHA (A) |
As Malatas | LARACHA (A) |
Camiño das Malatas | LARACHA (A) |
Malatas de Abaixo | LARACHA (A) |
Malatas de Arriba | LARACHA (A) |
O Cal da Malata | MAÑÓN |
A Malata | OZA DOS RÍOS |
A Malata de Dentro | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
A Malata de Fóra | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
A Malata de Fóra | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
O Monte da Malata | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
O Monte da Malata | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
A Malata | BARREIROS |
A Malata | BARREIROS |
Fonte da Malata | BARREIROS |
Praia da Malata | BARREIROS |
Rego da Malata | BARREIROS |
A Malata | CORGO (O) |
A Malata | CORGO (O) |
A Malata | XOVE |
As Malatas | XOVE |
As Malatas | XOVE |
Encima das Malatas | XOVE |
As Malatas | MONDOÑEDO |
As Malatas | MURAS |
As Malatas | OUROL |
Fonte Malata | PALAS DE REI |
Os Portamalatas | PALAS DE REI |
A Malata | PASTORIZA (A) |
A Malata | PASTORIZA (A) |
A Malata | POL |
A Malata | POL |
A Malata | PONTENOVA (A) |
Encima da Malata | PONTENOVA (A) |
Rego da Malata | PONTENOVA (A) |
A Malata | RIBADEO |
A Malata | RIBADEO |
A Malata | RIBADEO |
O Ollo da Malata | RIBADEO |
Rego da Malata | RIBADEO |
A Malata | SARRIA |
A Malata | TRABADA |
A Malata | CERDEDO |
A Malata |
GUARDA (A) |
Vemos que a maioría das malatas galegas non son do mar (a foto posta no primeiro problema, sí é no mar, en Barreiros, na Malata de Barreiros, https://www.celtia.org/node/4 )
Distinguir a bolsa en terra sen o contraste natural terra/mar é máis difícil. Necesitaríanse mapas topográficos tridimensionais que acentúen o efecto da altura, porque, normalmente, a bolsa vai estar marcada pola altura das fronteiras da bolsa. Aínda que, nalgún caso poida ser que a fronteira fose de tipo de vexetación, de cor, de granito, de cultivo, etc.
A wikipedia galega coñece menos malatas
O topónimo galego A Malata pode referirse a:
- A Malata, lugar da parroquia de Vizoño, no concello de Abegondo;
- A Malata, lugar da parroquia de Caamouco, no concello de Ares;
- A Malata, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Ferrol;
- A Malata, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Silleda;
- Estadio Municipal da Malata, onde xoga o Racing Club de Ferrol;
- Pavillón Polideportivo A Malata, onde xoga entre outros o Club Baloncesto Galicia.
Pero, curiosamente algunha das que coñece non están na relación de toponimia. Xenial, non?
- Log in to post comments