Acabamos de velo na entrada anterior que repetimos :
Si, o lar non é só latino como se cre, tamén é celta como nestes exemplos:
Bheith ar lár, to be on the ground; to be laid low, fallen, estar no chán, caído
Ar an lár lom, on the bare ground, no chán espido
Noutra acepción, Lár an urláir, na páirce, an aonaigh, the middle of the floor, of the field, of the fair. Lár na tíre, the midlands. I lár an lae, an tsamhraidh, in the middle of the day, of the summer. ( a metade do piso, do campo, da feira. Terras Medias, midlands. A metade do día, do verán).
xa que en celta irlandés acentúase o significado de ground, floor, e a segunda acepción middle, centre, (terra, piso, Medio, centro ). Nós, sen embargo, acentuamos o concepto de lar como casa, e da lareira, di a RAG
Lugar onde se fai o lume, na cociña rústica. Xa está o pote no lar. SINÓNIMOS fogar, fogón
2Lareira Enriba do lar está o canizo.
3 Pedras que forman o piso do forno. Hai que varrer o lar. SINÓNIMOS ástrago, astro2, estrado, sollo2, solo1
4 por extensión Casa familiar. Volver ao lar. SINÓNIMO fogar substantivo masculino plural
5 Mitoloxía Deuses protectores da casa. Os manes, lares e penates eran os deuses domésticos.
A explicación psicolóxica ou histórica desa diferenza é que para un mariñeiro (e en Irlanda abundan máis que en Galicia) o fundamental do lar é que non se está movendo o barco todo o día, polo tanto a sensación de estar en terra, en terra firme, con piso é o fundamental do lar, da súa casa. En canto a medio, centro, hai que pensar nas casas das citanias e dos castros son redondas con tellado de palla moi flamíxena, inflamable, polo que o pote o poñeremos no punto máis alto do tellado de palla, no centro da casa. Pasando o concepto de lareira a ser o centro da casa. En canto ao significado principal e orixinal en celta galego e irlandés eu, polo anteriormente dito, creo que é a casa familiar. E non por extensión, como di o RAG, senón o significado da palabra celta orixinal. Aínda que...
- Log in to post comments