Baiona

Submitted by admin on Sun, 09/23/2018 - 14:40

Agora que falamos de centro podemos ver que hai varias maneiras de dicir centro en irlandés actual. Unha é lar, xa o vimos, e

centro • s lár m, meán m, ionad m, lárionad m

Sáenz, Juan. Diccionario Pocket Irlandés (Spanish Edition) (Kindle Locations 898-899). Fluo!. Kindle Edition.

Agora imos ver ionad, descifrando Baiona

Efectivamente Baiona=Ba ionad Esa d do final desaparece (é pouco sonora) e queda Baiona= era centro. Así que o que queda en dúbida é a interpretación real. Era centro de que?

Afinando un pouco máis o significado de ionad, vemos que, en realidade, ten moitísimos outros significados, algún deles mellor acaídos como . Place. 1. (a) Recognized or appointed place, position. (b) Site. ionad , site of house. (c) Mark, trace. (f) Space 2. Station, rank, post e outros. Así que escollemos entre os significados citados e o resumimos a era un lugar notable, unha marca no mar, unha especie de sinal para a navegación.

A verdade é que Baiona está no medio desa costa horizontal, como se ve na imaxe. Pero non "era", sigue a ser o centro.  Así que había unha marca, era unha marca que desapareceu.

Iona tamén é unha illa escocesa de monxes e cruces famosas. No centro. Si, ao menos entre Escocia e  Irlanda.