Carracha en galego significa (di a RAG)
Arácnido da orde dos ácaros do que existen varias especies, que se alimenta do sangue de aves e mamíferos. O can ten unha carracha detrás da orella. SINÓNIMOS carracho, carrapata, carrapato, carraza
e carrach en irlandés é
carrach, a1. 1. Rough-skinned; scabby, mangy. Is furasta forbairt, goilleadh, ar cheann carrach, it is easy to torment the afflicted. S.a. feannóg, galar 1. 2. Rock-incrusted, rocky.
Así que a carrach celta ten que ver con outra enfermidade semellante á que producen as carrachas cando se incrustan baixo a pel humana ou dos animais, a sarna (o primeiro significado é sarnoso, con sarna). Os dous parásitos incrústanse na pel, coma o segundo significado, de roca incrustada. E os dous pertencen ao mesmo grupo de ácaros.
Hai que ver que os irlandeses son os galegos que chegaron alí hai dez mil anos ou máis nun momento en que a idade de xeo dominaba Irlanda, non había carrachas, polo tanto, e só había, ao principio, os animais e plantas que levamos nós, como contan os análises xenéticos do Trinity College de Dublín do 2010. Por exemplo non hai serpes (os irlandeses din que porque San Patricio botounas todas ao mar, en realidade non as levamos nós alí). Explico isto porque é moi posible o desprazamento de significado de carracha a sarna porque (ao menos durante un longo tempo) non había carrachas en Irlanda e si sarna que iría cos cans que levamos. Ou ben carrach denominaba a ambos bichos indistintamente.
Por outra banda o cambio de significado no galego da cidade é claro no meu caso. Eu non sabía outro significado de carracha que o de pequena, que dicía a miña nai. Desde logo hai moi poucas carrachas nas cidades. Foi, hai poucos anos, camiñando polos campos cando me empezaron a falar das carrachas e como se metían na pel e o moi difícil que era extraelas.
- Log in to post comments