Rúa procede do celta, como seguramente a rue francesa. Ten un significado en celta galego, en celta antigo, claro, directo dunha cor tal vez relacionada co barro. De modo oficial e xeralizado dise que, en cambio, vén do latín ruga (camiño, canal, como arruga), pois as rúas tiñan como función tamén que as augas corresen (arrastrando o lodo, ao mesmo tempo). Ou sexa que pode ser que as dúas versións teñan algo de verdade, pero a palabra que non necesita transformación ningunha é a rúa celta. Así que en Celtia a etimoloxía de rúa é a vermella do barro desa cor. Máis razóns: en zonas non celtas dise calle ou carrer.
- Log in to post comments