Breo

Submitted by admin on Fri, 10/05/2018 - 13:59

Estamos falando dunhas aras na época romana do Monte do Facho ou as do castro do Facho. Que será, que será Breo? Como o traduciremos? A wikipedia galega di que:

O santuario do deus Berobreo

O santuario de Berobreo atópase nunha área en pendente que circunda o cumio do monte Facho (moitos montes galegos levan estes nomes, como o Faro de Avión en Ourense). As primeiras mostras de habitación humana remóntanse ao Bronce final, sobre do cal se atopou un castro datado na segunda Idade de Ferro (erguido no século IV A.C.) que foi abandonado sobre o cambio de Era, para logo, a finais do século II D.C., o seu espazo central (a croa) revitalizarse ou fundarse de novo.

Este santuario do século IV d. c.consistía nun edificio central ovalado e unha gran cantidade de aras votivas rodeándoo; este edificio central tiña o tellado de palla e paredes revocadas, por dentro e por fora de barro, ao tempo que varias casas antigas foron derribadas para gañar espazo para o santuario. Na parte Sur da área central atópase un lacus (pía escavada na rocha) que os arqueólogos non saben aínda se pertencía ó santuario castrexo ou ao galaicorromano.

As 174 aras atopadas no lugar pertencen ó Século IV D.C.[6] (pero descoñecese si o deus era recente ou vivía unha revitalización, xa que o lugar fora un santuario anteriormente) atopándose algunhas in situ e outras monte abaixo, os fieis de Berobreo puxeron baixo delas algunhas ofrendas rituais [posiblemente vasillas usadas a modo de lampariñas lucernas de tubo, vasos con agua, aceite e unha bolboreta, como era costume nas capeliñas galegas] , xa que se atoparon cachos de vidro e ánforas baixo delas, mentres outras foron rotas . Todo o conxunto das aras dan unha impresión bosque de aras que irradian do santuario, case todas están feitas coa pedra granítica do mesmo monte, toscamente granulado e difícil de traballar (debido á mestura de gneis e mica)de feito suponse que existía un obradoiro de aras nas inmediacións do santuario debido a que se atoparon varias aras sen inscricións nin decoración ningunha, listas para ser traballadas unha segunda vez cos nomes dos dedicantes e os motivos decorativos que os clientes elixisen.

As aras adoptan intencionada forma de estelas funerarias, a pesar de que algunhas son diferentes (altura, grosor, anchura, decoración), están todas escritas por diante e os laterais e as partes traseiras son as menos traballadas (xa que o conxunto de aras irradia dun centro) existindo diferentes tipos de localización, xa que algunhas conteñen un altar e outras semellan ser agrupacións de varios altares (como os panteóns), o texto que máis é usado nelas é o de : "DEO LARI BREOBREO ARAM POSVI" e algunhas segue coa fórmula :"PRO SALVTE".[7]

Estas dedicatorias, agás dúas, son anónimas e únicas, se atopa nun lugar público onde se venera a un único lar común á colectividade [8]

A grande afluencia de peregrinos ao Facho coincide cunha época de esplendor económico nas Rías Baixas baixo o Imperio Romano, xa que está en auxe o comercio por mar, as salgaduras (Cangas, Bueu, Vigo), as salinas de Nerga, do Areal vigués, do Salnés... saen desta fisterra sagrada cara as restantes partes do Imperio. O Hío era o lugar de peregrinación do estilo de Santa Marta (As Neves) ou A Pobra, con ataúdes e enfermos de todo tipo procedentes de distintos lugares do sur de Galicia polos anos trinta do século XX. Todo indica que o culto a Berobreo, tras sufrir un proceso de cristianización, foi absorbido por Santo André (ao igual que en Santo André de Teixido).

Veneración en Galiza

O santuario adicado a Berobreo, de maior relevancia e documentado até agora na Hispania Romana tamén é un prodixio a nivel castrexo xa que cerca do santuario atópase un castro da Idade de Ferro II, erguido sobre un poboado da Idade de Bronce, situase no castro do Facho de Donón, na Península do Morrazo fronte as Illas Cíes, aproximadamente entre os anos 250 e 500 d.C, e onde apareceron 174 aras votivas coa inscricións en latín DEO LARI BERO BREO ARAM POSVI ou POSVIT PRO SALVTE”; isto é em dat. de s., Deo, “a Deus”, + o epíteto do albergador – Lari Bero Breo [com uma variante, Brieogo] ‘Protetor [das Almas] da Encumbrada Cidade’ (Pena & Erias) [9], polo que se supón como un dos maiores centros de peregrinación na Gallaecia.

O gran culto a esta deidade mantívose incluso á chegada do cristianismo, que sen poder erradicalo, substituíu este deus galaico pola figura cristiá de Santo André.

Etimoloxía nas linguas celtas

Eu a verdade que teño dous cursos de bacharelato de latín e cero cursos de celta, polo que son incapaz de facer disquisicións complexas en latín ou en celta. Así que normalmente son incapaz de ler as disquisicións como a Etimoloxía nas linguas celtas que viña a continuación. O que si sei é ler un dicionario de irlandés e este dime que:

breo, m. (gs. breo, pl. breonna).1. Brand, torch. breo tine, fire-brand; lighted sod, etc., carried as torch. 2. Glow.

BREO significa FACHO

Xa temos unha tradución inversa os montes Facho e os castros Facho como o de Facho de Donón chamábanse Breo. Ademais os fachos lévanse en alto e a posible etimoloxía é o alto Bre.

Non quero senón asegurar a verificación da tradución: no monte Facho e no castro Facho había unhas estelas que falan de Breo. Breo en irlandés actual é Facho. É a interpretación simple, ockiana e científica dos feitos. Se ademais había un deus "verdadeiro facho" ou "con todo facho" podemos supoñer que estaban a falar de Lug (sen nomealo) ou na época romana xa están impoñendo deuses alternativos aos deuses da Luz celtas como Lug, para ir desculturizándoos, quitándolles a súa cultura coma se dun Toni Cantó do século IV se tratara.