Sísamo

Submitted by admin on Sat, 10/20/2018 - 23:37

Hai dous días saía nos xornais (ou nalgún xornal) unha nova sobre Sísamo, unha parroquia de Carballo.

Pois ben, a parte de samo xa o explicamos no caso de Guísamo, significa en min. E que pasa con Si, que aparece en moitos topónimos celtas galegos. Pois están a falar do mesmo que se escribíramos She en inglés (coa mesma pronunciación, Si). É dicir, ela.

Polo tanto o significado de Sísamo é "Ela en min". Ou ben, con explicacións inventadas máis longas, non poido deixar de pensar nela, ela esta presente no meu pensamento, estou posuído por ela. Algo diso quería dicir a frase celta referido a mai, a moza, a amante. Se fose un home. Unha muller estaría dicindo  algo relativa a unha deusa e ser como ela.

Quero dicir que Sísamo o traducen outros tendo en conta este razonamento Superlativos en -is(s)amo:43​ topónimos: BERISAMO < *Berg-isamo- 'El más alto',44​ SESMACA < *Seg-isamā-kā 'The strongest one, the most victorious one'.45​ The same etymology has been proposed for the modern place names Sésamo (Culleredo) and Sísamo (Carballo), from *Segisamo-.46​  Na wikipedia, no idioma celta galaico.

Os puntos de vista son totalmente diferentes e incompatibles. Eles din que saben de 4 ou cinco palabras celtas galegas en inscricións latinas e 4 outras máis na toponimia. Eu digo que toda a toponimia non latina, claramente non latina, é celta, e que estamos falando de 1.000.000 de palabras celtas galegas. Son dous mundos que nin siquera se tocan. Algún de nós claramente esta errado, moi errado. Desde logo, seguindo o seu razonamento, os celtas galaicos eran mudos, case non sabían falar, non deixaban pegadas da súa existencia, non se sabe nin que falaban (se p ou q) e mentres hai un millón de palabras da toponimia da que só serven para inventar fantasiosos oríxenes xermánicos e que non saben explicar excepto algunhas que se utilizan descripciones indoeuropeas fantasiosas que amosan o moito que sabe quen as conta pero non se o que sabe está aplicado correctamente.

Vamos, que os celtas galegos vivían sin vivir en si, nin tiñan organización, nin amor, nin poemas, nin cantaban, nin rezaban,..., eran pouco menos que atrasados mentais, teledirixidos xa desde aquela desde Madrid. E esperaron a que chegaran os romanos a facerse homes e mulleres, adquiriran cultura, que non a tiñan, palabras, das que só sabían dicir catro ou cinco. Vamos, que fixéronse homes e mulleres grazas aos romanos.

Penso que queda claro en celtia.org que eso non é certo, os celtas galegos tiñan organización, sabían loitar, amaban, creaban poemas, cantaban, oraban máis do crible para un punto de vista actual, sentían o quente, tiñan guntins,... e tiñan leiras que lles chamaban bui... amarelas. pescaban eos no río eo,...