Miño

Submitted by admin on Wed, 10/24/2018 - 19:05

Se o río Miño é o rei dos ríos galegos, a súa explicación etimolóxica é a raíña das toponimias celtas galegas, dando lugar a inumerables textos, explicacións e disquisicións; vexamos por exemplo as de Moralejo sobre Minius que nos pode servir de introdución á súa problemática.

Así que faremos a miña versión curta da orixe celta de Minius (moito máis curta ca de Moralejo, evidentemente), xa que usualmente non falo de 30 cousas cando estou a contar dunha soa e teño a dificultade dos profesores de matemáticas, cando explico, prefiro explicalo brevemente para que se entenda.

En fin, imos ver, Minius

mí-4, pref. Bad, ill, evil, dis-, mis-, un-

mi é un prefixo celta que significa, malo, enfermo, diabólico.

e nius é dificultade, molestia

Así que Minius é mala dificultade, mala molestia.

Aquí vén agora a explicación experimental  ou vivencial, experiencial de tal nome: poñámonos na pel dun grupo de cazadores recolectores do paleolítico, (se os celtas nacen en Galicia, no paleolítico, os ríos teñen nomes celtas; mentres que o problema da maioría das etimoloxías que falan de preindoeuropeo, de indoeuropeo en Galicia consiste en que se os celtas chegaron de Suíza a Galicia hai 2500 anos non foron eles quen nomearon ao río Miño ou a maioría dos topónimos de Galicia, senón outras xentes. Neste artigo de Moralejo xa empeza a citar como celtas e non indoeuropeos xenéricos eses topónimos). O punto de cambio de opinión prodúcese coa certeza de que os irlandeses son galegos de hai 8000 ou máis anos (di o Trinity College).

Estamos seguindo a eses cazadores-recolectores e vemos que se viven preto dunha das marxes do río, ao menos en moitas épocas do ano o Minius compórtase como unha enorme dificultade para atravesalo. Non hai pontes, non é nada doado pasar ao outro lado, dividindo e reducindo o seu campo de recolección e caza, así que o río convertíase nunha maldita dificultade, nunha enorme molestia. Unha navallada na nosa terra que se dicía pola autopista que agora xunta a maioría da poboación galega.

Outro exemplo histórico de barreira posta por un río é o paso dos bárbaros xermanos polo Rhin cando este se xea. Antes era unha enorme dificultade (as pontes estaban vixiadas polos romanos) e o río en sí era unha barreira. Ao conxearse o río as dificultades para cruzalo por calquera sitio desaparecen. Outro exemplo de como o clima cambia a historia. Como sería a historia de non ter xeado o Rhin ese ano? Distinta, seguro.